Información remitida por SOS Courel para su difusión.:
Resposta ao Delegado de Medio Rural de Lugo
Texto en Castellano : http://vigo.cidadans.net/Erasmo/2008/08/30/incendios-en-el-caurel-/
Nós, non imos especular, a pesar das faladurías dunha posible vendetta cara SOS Courel, que se difunde dende fai tempo polo Concello, nin polo feito de que os incendios do Courel se produciran no entorno de Ferreirós de Abaixo, o máis grave iniciouse a 700 metros e aproximouse ata os 200 metros desta aldea de tres casas onde vive un dos membros desta asociación, Orlando Álvarez, que foi criticado en algúns medios de comunicación de xeito miserable por o Sr. Emilio López Pérez, que exerce desgraciadamente de Delegado de Medio Rural en Lugo.
Este home tan chistoso, que é capaz de sacar gracias das situacións máis macabras, chegou a sinalar a Orlando Álvarez do seguinte xeito:
"só, sen O Courel, porque é unha asociación moi singular, que parece respostar aos intereses e ás opinións dunha única persoa".
http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=130&idNoticia=336468
http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=153&idNoticia=336672
Xa en novembro de 2004, o Presidente desta Asociación, despois de ser sinalado por un sindicalista nos medios de comunicación, sufriu un atentado na tumba familiar; suceso que non foi investigado nin condenado por ningunha institución.
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2004/11/02/3169857.shtml
E recentemente fomos atacados de xeito furibundo polo Conselleiro de Medio Ambiente: http://www.gznacion.com/web/notic.php?ide=8621
Dende poder político están envalentonado aos tarugos e logo non poden con eles.
O plan de desenvolvemento para o Courel do Sr Emilio ten dous eixos principais:
1 - Desenvolver o sector da Pedra, así o manifestou publicamente na festa da Pisa de Froxán en decembro de 2005, e por iso, xa antes cando exercía de parlamentario, recriminara duramente ao por entón concelleiro do BNG, Orlando Álvarez, por denunciar a ilegalidade dunha canteira no medio dun río.
2 - Encher o Courel de piñeiros, pistas e cortalumes de terra espida, empregando fondos europeos da loita contra a erosión. Este feito foi denunciado recentemente por SOS Courel o que provocou grande indignación na Delegación Provincial e adláteres forestais. Nos cremos que o Courel xa está completo, e o monte raso ( térmico despectivo do pasado) non é para arrasar, é para pacer e está protexido pola Rede Natura.
Sobre o operativo “científico-táctico” da Delegación Provincial que actuou nos lumes do Courel:
1.- No primeiro lume fracasou estrepitosamente e de feito arderon 66 hectáreas. O lume atravesou a estrada comarcal de Quiroga, a local de Ferreirós de Arriba e logo con todo o continxente presente volveu atravesar a estrada comarcal por outro punto. O feito de atravesar estradas asfaltadas da idea dos poucos esforzos que se adican a prevención e á inutilidade de facer pistas no monte. Sen embargo o lume non foi capaz de atravesar as masas de frondosas presentes na zona mentres o piñeiral foi devorado nun intre.
2.- O numerosísimo continxente, a inmediated do campo de fútbol co seu macro depósito de auga, a retaguardia protexida polo río Lor no fondo do val e a humidade do monte non fan máis que agrandar o estrepitoso fracaso do operativo “científico-táctico” que en ningún momento aceptou o ofrecemento dos veciños coñecedores da orografía do terreo.
3.- Os veciños desanimados polo caso omiso da “Dirección”, acudiron pola súa conta a cortar a fronte abandonada que se dirixía cara a aldea de Ferreirós de Abaixo e conseguiron finalmente, despois de suplicar, a mangueira de unha motobomba e co apoio de varios brigadistas conseguindo paralo a 200 metros da aldea. Seguidamente e tamén apoiados por brigadistas cortaron a fronte do río Ferreiróse e despois a que se dirixía a ponte de madeira das Arandainas, evitando que o lume cruzara para as aldeas de Sobredo e Seceda. Neste grupo de catro de veciños, todos eles de Ferreiros de Abaixo e da mesma familia, estivo traballando Orlando Álvarez.
4.- Mentres a maioría dos efectivos permanecían concentrados ao redor da “Dirección”, onde xa se incorporara o Delegado Provincial, o lume colouse pola beira da estrada cunha fronte de menos de 15 metros e unhas chamas ridículas, a menos de cen metros do operativo, e queimou unha parcela entre a estrada Comarcal e o río Lor de 10 hectáreas, este despiste costou un día máis de lume coa intervención continua dos medios aéreos e tivo que ser cortado o subministro eléctrico.
5.- Denunciamos que alguenes ordenaron sucesivamente, unha vez que se ían extinguindo as frontes, queimar restos de parcelas que quedaban sen arder coa escusa de facer cortalumes de seguridade, sen ter en conta que se trataba de vexetación protexida pola Rede Natura.
6.- Non se pode entender como a motobomba da Xunta que chegou dende Folgoso, a que estaba máis preto do lume, non puido funcionar por estar avariada, según manifestaba o seu conductor. Tamén a motobomba que se accidentou, saíndose da estrada e que foi monte abaixo ata parar nun regato, cando circulaba pola comarcal LU 651 en dirección a Quiroga, parece que sufriu unha avaría pola que se lle bloqueou a dirección e perdeu o control nunha recta, tal e como manifestou tamén o propio conductor aos veciños que o rescataron.
7.- Recoñecemos que nos dous lumes seguintes as brigadas de retén actuaron con rapidez e contundencia, o cal demostra que no primeiro lume non había ninguén pendente no Courel do que puidera pasar cos lumes, e logo presúmese da vixilancia vía satélite e cando a cunca do Lor goza de unha visibilidade óptima dende os Ancares ata Manzaneda e dende o Cebreiro ata a Ribeira Sacra. Pensamos que se debe dotar ao Courel dunha vixilancia efectiva, e non deixar que cada lume se coma 66 hectáreas nun espacio de tanto valor natural.
8.- Canto antes poidamos, presentaremos unha queixa na Comisión Europea para denunciar a desfeita ilegal que se está a producir nos montes do Courel, obra que o Sr delegado cualifica como saneamento forestal.
Saúdos
SOS Courel, 29 de agosto de 2008
Teléfono 607 22 58 87 mhtml:%7BC8444EBB-A09A-4837-926B-0A566DBC04C8%7Dmid://00000016/!x-usc:mailto:soscourel@mundo-r.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario