Adjunto conotenido de email que nos ha llegado sobre una zona muy conocida por nosotros, por contener una gran cantidad de cavidades.
---------------------------------------------
O Ministerio de Fomento fixo público hai pouco o estudio informativo da Autovía A-76 que unirá Ponferrada e Ourense. Pois ben, a proposta que teñen é de atravesar coa nova estrada o Parque Natural da Serra da Lastra, en Valdeorras, e iso a pesares dos informes medioambientais negativos e de que poderían, indo por outro trazado, dotar de infraestructuras á zona mineira de Ponte de Domingo Flórez e Carballeda de Valdeorras.
O estudio informativo está en periodo de alegacións para os particulares así que é o momento de protestar por escrito ante Demarcación de Carreteras para que reconsideren esta opción e salvar así o Parque. Plantexan nada menos que atravesalo cun túnel de 3,5 kilómetros e enchelo de viaductos e taludes.
O que podemos agora é presentar cantas máis alegacións mellor.Temos unha semana de prazo, ata o 4 de outubro.
Tódolos detalles están neste blog: www.serradalastra.wordpress.com
Só hai que imprimir a alegación e rexistrala. Podes fotocopiala e conseguir que asinen varias personas (en alegacións individuais) se tes un rexistro preto.
SALVEMOS A LASTRA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario