viernes, 27 de marzo de 2009

Willy Meyer de Izquierda Unida, preguntou no Parlamento Europeo sobre o estado da denuncia de SOS Courel

Información remitida por nuestros colegas de SOS Courel.:
--------------------------------------
Willy Meyer de Izquierda Unida, preguntou no Parlamento Europeo sobre o estado da denuncia de SOS Courel: http://willymeyer.blogspot.com/2009/03/meyer-exige-un-modelo-de-desarrollo.html

A raíz denuncia nº 2005/4696, presentada por SOS Courel ante Comisión Europea, esta emprazou a España para levala ante os Tribunais de Xustiza Europeos. Pero algo alegaron dende a Xunta e do Goberno do Estado que tranquilizou as autoridades europeas. Willy Meyer, solicitou á Comisión ver o expediente para saber das respostas das nosas Administracións e poder rebatelas, pero esta información demorouse de xeito inexplicable, polo que o parlamentario non tivo máis remedio que pedir esa información a través do propio Parlamento e así a Comisión está obrigada a contestarlle nun prazo moi breve.

SOS Courel enviou a Comisión Europea abundante documentación que deixa aos distintos e sucesivos gobernos nun clamoroso ridículo, incluídas probas audiovisuais como:

- Un programa enteiro de “El Escarabajo Verde”, emitido en todo o Mundo

http://video.google.com/videoplay?docid=5924214379108117390&hl=es

http://video.google.com/videoplay?docid=-6111752638005160432&ei=s17BSayxO5D5-Ab0q8jsAg&q=courel&hl=es

- Un documental pormenorizado coa opinión, entre outras, de varios científicos, Unha Lousa sobre o Courel http://www.namchefilms.es/

Estamos preparando unha nova queixa ante as Institucións Europeas, unha denuncia total; queremos que veñan delegacións ao Courel da Comisión, do Parlamento, da Oficina Antifraude, …

Porque isto para crelo hai que velo: Mentres as canteiras medraron, algúns “politiquiños intelixentes e xenerosos” emprenderon unha destrución paralela e maliciosa co fin de que a catástrofe non tivera volta atrás, para botar as veciñas e veciños e xustificar incluso unha futura a saída da Rede Natura:

- Para non disimular, utilizaron Fondos Europeos a esgalla.
- Revolveron os montes sen piedade, con máquinas xigantes e por se non había combustible suficiente cambiaron hábitats protexidos por especies pirófitas; montaron un asombroso labirinto de pistas e cortalumes. Levantáronse varias casetas de vixilancia forestal e de seguido foron abandonadas. Xa levamos no inverno do 2009 dous incendios (Noceda e Campelo)
- Aproveitando que había que mellorar un pouco algunhas estradas, taparon vales enteiros, entubaron ríos e regatos, estenderon entulleiras polas ladeiras ata o río Lor, non habilitaron nin un só paso para a fauna.
- Inícianse as obras e logo abandónanse, así a estrada que comunica coa autovía A6, de catorce quilómetros, en seis anos non habilitaron para o paso nin a metade.
- Xa está aprobado o primeiro parque eólico, de momento o único que incorporará publicidade do Camiño de Santiago nas torres.

Non imos parar mentres sigamos a recibir tanto ánimo e axuda.
Grazas a todas e a todos por arriscar, por sufrir, por escribir, polas imaxes, pola música, pola política xusta, ….. !
Perdoade que felicitemos a Raquel, polo grande éxito da fermosa montaxe audiovisual que ela lle regalou a súa Terra, o vídeo galego máis visto na rede http://www.youtube.com/watch?v=7EienpYjX6o

Saúdos SOS Courel

No hay comentarios: