martes, 14 de junio de 2011

II Ruta BTT por las montañas de Mondoñedo (19 de junio 2011)


Como muchos de los miembros del EC/DC practican todo tipo de deportes, adjunto esta jornada de BTT por si alguno se quiere animar. La zona lo merece y, la gente del club que lo organiza, también. Adjunto la información que nos remiten. Si algún ecedeciano tiene problemas con el gallego, que me lo diga y le hago de intérprete.


--------------
Ola a todos:

Tras revisar a cada día máis apertada axenda de rutas e kedadas, na sección de BTT do E.C. Rei Cintolo decidimos celebrar a "II Ruta polas montañas de Mondoñedo" o próximo domingo, 19 de xuño.

A edición deste ano percorrerá pistas e sendeiros por unha das zonas máis bonitas dos nosos bosques, un percorrido moi completo cunha forte suba, unha baixada espectacular e unha zona de sendeiros por preciosas paraxes; asegurámosvos unha xornada de bo BTT!!!

Sairemos ás 9.30 da zona das piscinas e o percorrido total aproximado é de 40 kms e con nivel medio-alto; o prezo da inscrición será de 15 euros para os federados e de 20 euros para os non federados.

Entregaremos un obsequio e celebraremos unha comida de confraternidade, ademais da zona de avituallamento na parte media de percorrido.

Esperámosvos a todos en Mondoñedo o día 19 de xuño

No hay comentarios: