martes, 20 de septiembre de 2011

XLIV Campamento Galego de Espeleoloxía (Covas-Rubiá-Ourense, 15-16 de outubro de 2011)


XLIV Campamento Galego de Espeleoloxía
15,16 de outubro de 2011 – Covas-Rubiá (Ou)

A Federación Galega de Espeleoloxía e Club Alpino Ourensán convidamos a tódolos espeleólogos a 44 Edición do Campamento Galego de Espeleoloxía, unha nova oportunidade de compartir experiencias afíns e que neste caso terá lugar na serra“Enciña da Lastra” en Rubiá-Ourense.

Programa

Sábado 15 (opción de incorporarse o venres tarde)

10:00- Recepción de participantes, apertura campamento e entrega de documentación.
12:00- Xeolocalización, tracking e revisión instalación de cavidades.
20:00- Charla coloquio.

Domingo 16

09:00- Xeolocalización, tracking e revisión instalación de cavidades.
15:00- Clausura de campamento

¿Ónde? O Refuxio de Cobas (FGE) será o punto de referencia das actividades deste campamento. Estrada N-120 Ourense-Ponferrada, pasado o pKm 317 xiro a dereita e baixada o pobo de Covas. Cruzar o pobo ata chegar o apeadeiro de Renfe.

Regulamento

1.Tódolos participantes deberán estar en posesión da Licenza Fed. 2011.
2.Os participantes virán equipados con material espeleolóxico, persoal e colectivo, en función das cavidades a visitar.Manutención por conta propia.
3 .Os menores de idade terán que presentar autorización correspondente e acompañados de titor legal ou adulto responsable.
4.A organización non se responsabilizará de posibles accidentes.
5.Os imprevistos serán resoltos pola organización.
6. Para inscripción ou calquera consulta enviade un correo a calpinoo@terra.es co “asunto” 44 Campamento Galego de Espeleoloxía.
7.INSCRIPCIÓNS: Data límite 10 de outubro de 2011

[Fuente.: Club Alpino Ourensán por correo postal]

No hay comentarios: