jueves, 30 de abril de 2015

Campamento Canóns 2015 (Folgoso do Courel - 9/10 maio)

Información remitida por el club organizador, el "E.C. Rei Cintolo".
------------------------
Este ano 2015, para celebrar o XXV Campamento Galego de descenso de Barrancos, esta vez, temos algo novo para desfrutar, tódolos deportistas e amantes da natureza salvaxe.-
En Folgoso do Courel estivemos a traballar intensamente perante os anos 2013 e 2014, para que, finalmente puideramos ter  unha zoa onde se xuntan ata 5 barrancos en tan so 3km2,  Verticais, horizontais, combinables entre si, diferentes a todo o que en Galiza temos.-
Os días 9 e 10 de Maio en Folgoso do Courel, espéravos a  destacada hospitalidade das súas xentes, e a organización do Espeleoclub Rei Cintolo, de novo, en un Campamento de Barrancos.-
A durmida está prevista no albergue de Folgoso,  unha instalación nova con todos os servizos, con 40 prazas con liteiras,, duchas e un salón cociña amplío, no que podedes facer o voso almorzo, etc....-
Pregamos que  con anticipación de 7 días( día 2 de Maio) confirmedes a asistencia e reservedes praza, por correo electrónico, para que a organización sexa mais doada.-
A cena de confraternidade, será no restaurante o Mirador, no mesmo Folgoso,  prezo pendente de confirmar, pero en torno os 11 euros.-
Entregaremos un obsequio conmemorativo de este acontecemento, pese a que os recurso son escasos.-
E moi importante, que asistades a este campamento, pois ides estrear unha nova zona de barrancos cousa que non acontece fai moitos anos dentro dos nosos campamentos.-
LEMBRADE CONFIRMAR A ASISTENCIA ANTES DO DIA 3 DE MAIO, NO NOSO CORREO ELECTRÓNICO TANDO PARA A DURMIDA COMO PARA A CEA.-
Para axilizar trámites, e abaratar custes, imos enviar toda a información dos barrancos da zona os asistentes que confirmen a sua asistencia, para que a arquivedes, a estudiedes e traiades o que tedes pensado realizar xa preparado. De todos modos e para calquera aclaración estaremos en Folgoso o voso dispor, tanto para informar como para axudar a  planificar. -
No momento da chegada dirixirse o punto onde vos espera a  organización no albergue de Folgoso,  que está na parte baixa do pobo, ou tamén a área recreativa da saída do pobo, como veredes no mapa que se vos facilitará, pódese  localizar todo perfectamente, non hai presa, todo está moi preto, accesos a barrancos, saídas, en menos de 1 hora podedes estar entrando en barrancos, e incluso se so tendes un vehículo.

No hay comentarios: