viernes, 11 de diciembre de 2020

XVI Campamento Galego de Descenso de Canóns 2005 (Lantemil, Ourense)



XVI CAMPAMENTO GALEGO DE DESCENSO DE CANONS (Lantemil-Ourense 2005)

Espeleo Club de Descenso de Canons (EC/DC)



PRESENTACIÓN

 

Perante moito tempo a zona do Xurés tivo como único descenso de canóns salientable o Fecha; é posiblemente o mellor dos descensos de Galicia. Hai algúns anos, varios dos actuais membros do Espeleo Club de Descenso de Canóns (EC/DC) levaron a cabo toda unha serie de actividades cara a localización e apertura de novos descensos na zona; inicialmente o obxectivo era a procura dun descenso complemento do Fecha. Hai tres anos dimos co descenso do Arado, na zona portuguesa, comprobando que estaba á altura do Fecha; non era un complemento, máis ben o seu irmán cativo. Despois de diversos traballos e actividades, hoxe é un clásico na zona. Pronto nos plantexamos a localización de novos descenso nas proximidades que nos permitisen completar tanto o Fecha como o Arado.

 

O pasado ano dimos co descenso do Fafiao (o río Toco), estético descenso que é todo un xoguetiño, situado moi preto ao Arado e ideal para completar unha xornada de actividade. Sinalar que tanto o Arado coma o Fafiao viñan sendo frecuentados por empresas portuguesas do sector dende hai tempo, tal e como comprobamos a posteriori. Sen dúbida tiña chegado o momento de atopar algún descenso preto do Fecha. Aínda que recentemente se fixo a apertura dun barranco veciño, o Sobreira do Mendo, desaconsellamos totalmente o seu descenso. Algo máis lonxe, na localidade de A Porqueira, localizouse un pequeno aínda que interesante descenso, no río Fírbeda, posible complemento do Fecha, ideal como peche das nosas actividades da fin de semana pola súa proximidade á autovía Vigo-Madrid.

Na actualidade, o EC/DC está a desenrolar traballos en distintos cursos de grande interese, salientando entre outros, o Segueiro (nivel de dificultade media) ou o Vilameá (iniciación). É o noso desexo poder facer de este magnífico contorno natural, o Xurés, un núcleo de grande interese na nosa práctica deportiva, podendo contar cunha certa cantidade e variedade de descensos. Neste senso, o noso colectivo debe ser o primeiro interesado na correcta protección do contorno, potenciando unha correcta regulación do deporte na natureza.


Documentación técnica dos descensos da zona (Fecha, Arado, Fafiao, Fírbeda y Sobreira)

Resumen desarrollo campamento

Selección de fotografías


No hay comentarios: